venres 02 setembro 2016

Programa Setembro_2016


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Setembro 2016


ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN

  • CURSO: Xogando tamén aprendo(Cativos de 4 a 8 anos)_Continuación
Tipoloxía: Internet: ocio e operacións dixitais.
Servizo: Actividades lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel Básico
Data da realización: Dende o 22 de Agosto ó 1 de Setembro
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: Aprender dun modo sinxelo, atractivo e divertido a usar as novas tecnoloxías. Os cativos van adquirindo destrezas no manexo dun ordenador a hora de enfrontarse coas diferentes pantallas interactuando con elas e intercambiando datos usando o ratón e o teclado.
Destinatarios: Cativos con idade dende os 4 ós 8 anos.
Prazas: 15 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta

  • CURSO: Ocio na Rede(Cativos de 8 a 15 anos)
Tipoloxía: Internet: ocio e operacións dixitais.
Servizo: Actividades lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel Básico
Data da realización: Dende o 1 de ó 16 de Setembro
Horario: 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 17:00 horas
Duración: 16 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cativos con idade dende os 8 ós 15 anos.
Prazas: 11 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta

  • Charla: Entrega de Diplomas (Cativos)”
Tipoloxía: Innovación Social
Data da realización: 02 de Setembro
Horario: 11:00 a 13:30 horas
Duración: 2,5 horas
Destinatarios: Cativos que asistiron durante os meses de Xullo e Agosto a talleres organizados por a aula CeMIT do Concello de Celanova.
Fai entrega: Jose Luis Ferro Iglesias (Alcalde) e/ou Julio Mosquera González (Tenente Alcalde)
Prazas: 27 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada



  • CURSO: Trámites, xestións e compras por Internet
Tipoloxía: Administración electrónica: eAdministración
Servizo: Trámites electrónicos: Administración electrónica _ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 2 ó 16 de Setembro
Horario: 17:00 a 19:30 horas
Duración: 20 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: TRÁMITES E XESTIÓNS: Explicar que é a Administración electrónica. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas. Realizar algúns trámites con distintas Administracións. COMPRAS: Coñecer as vantaxes competitivas que o comercio electrónico lles ofrece ás
empresas, tanto para vender os seus produtos/servizos como para abaratar custos nas súas compras. Comprender o marco legal do comercio electrónico. Identificar a forma de pagamento máis adecuada. Recoñecer os elementos básicos dunha tenda en liña. Coñecer distintas alternativas para comezar a vender ou comprar en liña.
Destinatarios: Cidadanía en xeral, con mínimos coñecementos e destrezas no manexo dun ordenador.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • CURSO: Administración básica de GNU/LinuxBT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Servizo: Outras ferramentas TIC _ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 5 ó 8 de Setembro
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 8 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova e por videoconferencia en outras aulas CeMIT.
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Boiro, CeMIT Sigüeiro-Oroso, CeMIT Cuntis e CeMIT Santa Comba.
Temario: 1. Que é Linux. O proxecto GNU. Software libre. Código aberto. 2. Distribución de Linux. 3. A interface de comandos, shell, prompt. 4. Estrutura de ficheiros en Linux. 5. Comandos básicos de administración do sistema Linux. 6. Comandos de manipulación de arquivos. 7. Empaquetamento de arquivos. 8. Xestión de usuarios e grupos. Permisos. 9 Instalación de aplicativos coas utilidades apt-get. 10 Comandos de xestión de redes. 11. Scripting en Linux.
Software para a docencia: Oracle VirtualBox v5.x e UbuntoServer 16.04
Docente: Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía en xeral, con coñecementos medios en informática, e destrezas no manexo dun ordenador.
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT


  • CURSO: Deseño con QCADBT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Servizo: Edición de imaxe e/ou son _ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 12 ó 15 de Setembro
Horario: 10:00 a 12:30 horas
Duración: 10 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova e por videoconferencia en outras aulas CeMIT.
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Boiro, CeMIT Sigüeiro-Oroso, CeMIT Cuntis, CeMIT Santa Comba e CeMIT Fisterra.
Temario: Conceptos de CAD. Contorna de traballo. Configuración inicial. Manipulación do zoom, a rejilla, utilidades de debuxo. Forzados e restricións do cursor. Tipos de coordenadas: polares, absolutas e relativas. Debuxo de entidades. Selección. Arcos, liñas, puntos, rectánguloss, círculos, paralelas, tanxentes, bisectrices, polígonos. Edición d entidades: mover, copiar, espello, rotación, escala, recortar, alargar, redondear, dividir, estirar..., Traballo con capa (creación, eliminación, visibilidade, asignación....). Acotación. Traballo con bloques. Sombreados. Saída a impresión.
Docente: Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía en xeral.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT


ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS FORMACIÓN
  • Charla: Atrae visitantes e convérteos en clientes co inbound marketing
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
Data da realización: Martes, 13 de Setembro
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Seminario técnico a través de videoconferencia dende a aula CeMIT de Ourense_La Molinera e ca colaboración do Centro Demostrador TIC de Galicia, e presencial aula CeMIT de Celanova.
Programa: Porque vender en Internet?. Panorama do eCommerce en España. Diferentes estratexias de eCommerce para pemes. Particularidades do eCommerce fronte ao comercio físico. Opcións tecnolóxicas e plataformas do eCommerce. Puntos básicos dunha estratexia de eCommerce. Contidos básicos dun plan de mercadotecnia en liña. Como converter as visitas en clientes. Ferramentas de control e seguimento. Presentación de servizos ofertados en eCommerce para pemes.
Docente: Javier Rocamora. Consultor e formador especialista en eCommerce e marketing dixital.
Destinatarios: Empresas que desexen empregar o inbound marketing como ferramenta de captación e fidelización dos seus clientes. Empresas tradicionais que se pregunten porque non chegan aos seus clientes como antes. Emprendedores que estean en fase de desenvolvemento de novos proxectos e empresas.
Prazas: 8 prazas

    Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.