domingo, 1 de marzo de 2015

Programa Marzo_2015

ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
MARZO 2015

ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
  • Curso: Ofimática en Software Libre: Calc(nivel básico)
Tipoloxía: Follas de cálculo 1
Data da realización: Dende o 20 de Febreiro ó 13 de Marzo
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Duración: 20 horas
Descrición: Familiarizarse co medio de traballo dunha folla de cálcula, crear táboas de datos e traballar con fórmulas, crear libros e traballar con datos de diferentes follas, utilización das fórmulas básicas, creación de gráficos, configuración das follas de cálculo para impresión.
Destinatarios: Mulleres desempregadas pertencentes a Asociación Amas de Casa “Ilduara”/Celanova
Prazas: 6 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta

NOVAS ACTIVIDADES

  • Curso: Ofimática en Software Libre: Calc(nivel avanzado)
Tipoloxía: Follas de cálculo 2
Data da realización: Dende o 09 de Marzo ó 8 de Abril
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 50 horas
Descrición: Introdución ao medio de traballo, introdución e modificación de datos, formato das celas, filas e columnas, filtros e ordenación dos datos, uso de fórmulas, copiar fórmulas entre celas, xestión das follas de cálculo nun libro, cálculos con datos de diferentes follas, formato condicional, gráficos, impresión de datos.
Destinatarios: Xóvenes desempregados con idade comprendida entre os 25 e 45 anos de idade
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta


  • Curso: Utiliza as Redes Sociais
Tipoloxía: Uso das Redes Sociais
Data da realización: Dende o 16 ó 31 de Marzo
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Duración: 16 horas
Descrición: Entender que son as redes sociais e como inflúen nas relacións persoais, coñecer os distintos tipos de redes sociais, seleccionar a rede social máis acorde cos seus intereses, participar nunha rede social de maneira activa e segura.
Destinatarios: Mulleres desempregadas pertencentes a Asociación Amas de Casa “Ilduara”/Celanova
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
  • Curso: Actividades de reforzo (tutorías)
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Data da realización: Todos os venres de Febreiro e Marzo
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 24 horas
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta


  • Charla: Usa as novas tecnoloxías(Dinamización da aula CeMIT)
Tipoloxía: Aula Aberta
Data da realización: 27 de Marzo
Horario: 17:00 a 20:00 horas
Duración: 2 horas
Descrición: Entrega dos Certificados obtidos por os usuarios que dende o mes de xaneiro realizaron cursos de formación na aula CeMIT, da mán do Alcalde do Concello de Celanova, Jose Luis Ferro Iglesias.
Prazas: 26 prazas




  • Charla: Incubadora de proxectos Actividade Externa
Tipoloxía: Actividade dunha entidade colaboradora
Entidade colaboradora: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Rede Galega Dinamización Xuvenil.
Data da realización: Luns, 23 de Marzo
Horario: 17:00 a 19:00 horas
Duración: 2 horas
Descrición: Incubadora de proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos/as que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsadores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade
Destinatarios: Está dirixido a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos/as, estudantes, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.
Prazas: 15 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Actividade Externa: Transforma Ourense Actividade Externa
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
Entidade colaboradora: Diputación provincial Ourense
Lugar: Sala de Arcos (Concello de Celanova)
Data da realización: Dende o 9 ó 13 de Marzo
Horario: 19:00 a 22:30 horas
Duración: 17,5 horas
Descrición: Evolución y tendencia del comercio electrónico para 2015 Optimizar tu web para el poscicionamiento en buscadores Evaluación de la usabilidad web Tendencias en la economía digital: movilidad, big data e internet de las cosas Redes Sociales aplicadas a la empresa
Tipoloxía Formación para Empresari@s e Emprendedor@s
Prazas: 20 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.