mércores, 3 de xuño de 2015

Programa Xuño_2015



ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
XUÑO 2015


ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN


  • Curso: “Módulo II: Iniciación a Informática e a Internet para maiores” (Continuación)
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Data da realización: Dende o 12 de Maio ó 9 de Xuño
Horario: 16:00 a 18:30 horas
Duración: 20 horas
Sistema: Presencial, aula CeMIT Celanova
Descripción: Curso básico de Iniciación a Informática e a Internet, destinado a persoas maiores que xa se iniciaran con anterioridade no aprendizaxe e uso das novas tecnoloxías e queiran seguir profundizando no aprendizaxe e adquirindo destrezas na manipulación dun computador.
Destinatarios: Persoas maiores, xubilados e prexubilados que queiran seguir no aprendizaxe e uso das novas tecnoloxías.
Prazas: 11 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Curso: “Configuración de dispositivos móbiles e uso de Apps
Tipoloxía: Dispositivos móbiles
Data da realización: Dende o 5 ó 10 de Xuño
Horario: 16:00 a 19:00 horas
Duración: 9 horas
Sistema: Presencial, aula CeMIT Celanova
Descripción: Curso totalmente práctico sobre a configuración básica e uso de dispositivos móbiles. A metodoloxía a seguir son métodos expositivos e demostrativos nos cáles se configurará o smartphone, se instalarán aplicacións e se aprenderá a utilizalas.
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta






  • Curso: “A Rede Social: Facebook (maiores)
Tipoloxía: Redes Socias 2.0
Data da realización: Dende o 11 ó 18 de Xuño
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Duración: 10 horas
Sistema: Presencial, aula CeMIT Celanova
Descripción: Entender que son as redes sociais e como inflúen nas relacións persoais, coñecer os distintos tipos de redes sociais, seleccionar a rede social máis acorde cos seus intereses, participar nunha rede social de maneira activa e segura.
Destinatarios: Persoas maiores (xubilados e prexubilados), con coñecementos básicos de informática e búsquedas activas na rede.
Prazas: 11 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta


  • Curso: “OpenShot: Edición e montaxe de vídeo
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Data da realización: Dende o 17 ó 24 de Xuño
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 15 horas
Sistema: Presencial, aula CeMIT Celanova
Descripción: OpenShot Vídeo Editor é un editor de vídeo non lineal de código aberto, gratuíto, robusto e sinxelo de usar para a plataforma GNU/Linux. As características máis salientables deste programa son as súas múltiples pistas de vídeo e audio, soporte de varios tipos de formato tanto de audio e video, como imaxe, establecer transicións de vídeo e a súa previsualización en tempo real.
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta


  • Curso: Ofimática en Software Libre: Base(nivel avanzado)
Tipoloxía: Ofimática en Software Libre
Data da realización: Dende o 22 de Xuño ó 17 de Xullo
Horario: 16:00 a 19:00 horas
Duración: 50 horas
Descrición: Curso sobre as bases de datos en Software Libre, co programa LibreOffice Base.
Programa: Explicar a necesidade de elaborarmos bases de datos para organizarmos a información e acelerarmos a localización da información que nos interesa atopar. Identificar que datos deben ser almacenados. Planificar a estrutura da base de datos. Manexar táboas. Manexar consultas. Manexar formularios. Manexar informes.
Destinatarios: Xóvenes desempregados con idade comprendida entre os 25 e 45 anos de idade
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta





  • Curso: “Creatividade en contextos profesionais
Tipoloxía: Innovación Social
Data da realización: Dende o 29 de Xuño ó 02 de Xullo
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Duración: 16 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Oroso e presencial aula CeMIT Celanova
Descripción: Competencias a desenvolver: Pensar de modo práctico e saber facer exercicios de pensamento activo para coñecer cáles son as boas ideas (aquelas que se poden converter en accións) e cáles son as malas ideas (aquelas que non se poden levar a cabo). Saber converter as boas ideas en ideas mellores (aquelas que son capaces de ter vida propia e impacto persoal e social).
Obxectivos da aprendizaxe: Dispoñer dunha orientación clara para a produción de ideas. Tomar conciencia de cómo estruturamos internamente as nosas experiencias. Asumir a imaxinación como unha tecnoloxía útil. Aprender mediante a estimulación a pensar mellor, pensando o mellor. Identificar os diferentes perfís de pensamento. Coñecer técnicas de produción masiva de ideas en períodos curtos de tempo. Aprender técnicas de escenificación e visualización de futuros. Controlar o proceso de xeración e selección de ideas. Coñecer e aplicar mecanismos de resolución de problemas. Identificar mediante a práctica algúns dos mecanismos de asociación e as conexións do procedemento creativo. Coñecer os mecanismos de control do proceso creativo. Explicar e comprender a relación entre a creatividade e a innovación, identificando as fontes desta.
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.








ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS FORMACIÓN


  • Charla: Aprender a xestionar o teu tempo e a túa productividade desde o móbil
Tipoloxía: Dispositivos móbiles
Data da realización: Martes, 16 de Xuño
Horario: 16:00 a 18:00 horas
Duración: 2 horas
Sistema: Videoconferencia dende o CDTIC
Programa: Xestión e optimización dos tempos. Mellora das funcionalidades da túa axenda. Aplicación e xestión de tarefas. Automatización de tarefas e aforro de tempos.
Destinatarios: Traballadores, freelancers ou autónomos e pemes.
Finalidade: Este curso de produtividade co móbil permite xestionar e priorizar as tarefas máis salientables e apoiarse coas aplicacións dispoñibles.
Prazas: 12 prazas



  • EXAME CODIX: Exame presencial: 1º Edición teleformación CODIX_ 2015
Tipoloxía: Codix - Certificación competencias dixitais en ofimática
Data da realización: 26 de Xuño
Horario: 10:00 a 11:30 horas
Duración: 1,5 horas
Descrición: Exame presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) expedido por AMTEGA exclusivo para os participantes no curso de teleformación CODIX convocado por Resolución do 30 de xaneiro de 2015 (DOG nº26 09/02/2015)
Prazas: 4 prazas (prazas cubertas)
Estado de peche: Actividade Pechada




  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.