venres, 2 de outubro de 2015

Programa Outubro_2015


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
OUTUBRO 2015


                                                                                   ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN



  • Curso: Iniciación a Informática para persoas maiores”
Tipoloxía: Formación dixital básica.
Servizo: Iniciación a informática para maiores. Nivel básico
Data da realización: Dende o 05 ó 30 de Outubro
Horario: 10:30 a 13:00 horas
Duración: 24 horas
Descrición: I Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V.Primeiros pasos en internet . VI Crear e xestionar unha conta de correo electrónico.
Destinatarios: Xubilados e prexubilados que queiran iniciarse no aprendizaxe das novas tecnoloxías.
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta




  • Curso: Módulo III: Perfeccionamento en Informática Básica e Internet
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática para maiores. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 7 de Outubro ó 11 de Novembro
Horario: 16:30 a 18:30 horas
Duración: 16 horas
Descrición: Seguir profundizando no aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías e adquirir destrezas no manexo do computador.
Destinatarios: Persoas maoires que realizarán con anterioridade formación na campo da informática básica e posúa uns mínimos coñecementos da materia, e, queira ampliar os coñecementos e adquirir destreza no manexo do computador,
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta





  • Curso: Comunícate en tempo real por Internet: VIDEOCHAMADAS
Tipoloxía: Redes Sociais 2.0
Servizo: Comunicación en tempo real por Internet. Nivel Medio
Data da realización: 19,20 e 22 de Outubro
Horario: 18:00 a 20:00 horas
Duración: 6 horas
Descrición: Entender que son as comunicación síncrona e asíncrona. Coñecer os distintos tipos de canles. Comprender as vantaxes das comunicacións pola Internet. Coñecer os elementos clave da comunicación. Identificar e manexar distintas ferramentas de comunicación en diversos medios.
Destinatarios: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Posuír suficiente coñecemento e saber manexar o ordenador e a Internet: usar navegadores, buscadores, instalar aplicacións...
Prazas: 8 prazas (con PC persoal habría máis prazas)
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Curso: Cont4 Xestión” . BT_CeMIT (Ortigueira)
Tipoloxía: Formación para Empresari@s e Emprendedor@s
Servizo: Xestión Cont4
Data da realización: Dende o 19 de Outubro ó 5 de Novembro
Horario: 16:30 a 19:30 horas
Duración: 36 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivos: Ofrecer unha formación global para a realización da maioría das operacións cotiás dunha empresa. O programa engloba as funcións de Cont4 Facturación e Contabilidade nunha única aplicación creando un entorno de traballo máis manexable.
Destinatarios: Usuarios que tendo coñecementos básicos en contabilidade e facturación desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión (CONT4), ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha Pequena e Mediana empresa.
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.





                                                                  ACTIVIDADES EXTERNAS: CESIÓN AULA
Obradoiros de Formación



  • Externa: “ Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego”
Tipo de Actividade Externas: Cesión de aula e servizo
Entidade colaboradora: Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova
Servizo: Busca de emprego a través da Internet - Nivel Medio
Alcume: “Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego ”
Tipoloxía: Busca de emprego
Data da realización: Os mércores, dende o 7 de Outubro ó 30 de Decembro
Horario: De 10:30 á 12:30 horas
Duración: 26 horas
Descrición: Verónica Garayzábal Pedrosa, en calidade de coordinadora da Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova solicita as instalacións da aula CeMIT do Concello de Celanova para impartir Obradoiros de “Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego” dirixidas a persoas en situación de dificultade social. Parte dos contidos son enfocados o coñecemento e uso das novas tecnoloxías na búsqueda de emprego, polo que se formarán en alfabetización dixital básica e a navegación pola Rede.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada








                                                                  ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS DE FORMACIÓN


  • Charla: Desenvolvemento de aplicacións con Angular.js
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Data da realización: Martes, 20 de Outubro
Horario: 09:30 a 13:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Obxectivo: O obxectivo do seminario consiste en amosar aos asistentes un exemplo de desenvolvemento utilizando unha das tecnoloxías máis solicitadas na actualidade, AngularJS.
Programa: Os contidos a tratar serán os seguintes: Twitter Bootstrap, AngularJS, Servizos web REST.
Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada na materia con amplos coñecementos en informática.
Prazas: 12 prazas



  • Charla: Seguridade perimetral con filtrado de paquetes a NAT
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Data da realización: Martes, 27 de Outubro
Horario: 16:30 a 20:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Descrición: O seminario presentará os conceptos fundamentais para a aplicación de mecanismos de seguidade perimetral nunha rede corporativa utilizando dúas ferramentas básicas: o filtrado de paquetes e a tradución de enderezo IP.
Programa: Redes corporativas e seguridade perimetral, técnicas de filtrado de paquetes (filtrado estático, dinámico e a nivel de capa de aplicación), tradución de enderezos NAT (NAT estático vs NAT dinámico, PAT, PAT como ferramenta de seguridade), e por último exemplos de despregue de seguridade perimetral nunha rede corporativa.
Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada na materia con amplos coñecementos en informática.
Prazas: 12 prazas
(NON SE REALIZA, POR SUPERPOÑERSE CO CURSO DE CONT4 XESTIÓN, NO CÁL HAI MÁIS INSCRITOS)






  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.