mércores, 2 de marzo de 2016

Programación Marzo_2016


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
MARZO 2016


                                                                                       ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN



  • CURSO: Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira) ________ Continuación
Tipoloxía: Outras actividades da aula.
Servizo: Dinamización aula CeMIT_ Nivel Básico
Data da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño do 2016 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 33 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento cun nivel moi básico
Destinatarios: Usuarios sen ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.



  • CURSO: Ferramentas TICs(Xóvenes) ______________________ Continuación
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC_Nivel Medio
Servizo: Ferramentas Web 2.0
Data da realización: Dende o 15 de Febreiro ó 1 de Abril
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 55 horas
Programa: Formación dixital básica en Informática básica e Internet. Ofimática en Software Libre (Calc, Writer, Impress e Base). Comunícate. Rédes Sociais. Ferramentas Online. Edición de imaxe e audio. Administración electrónica. Seguridade TIC. Búsqueda de emprego na Internet.
Destinatarios: Xóvenes desempregrados con inquedanzas sobre as TICs, posúan escasos coñecementos sobre o uso das novas tecnoloxías e teñan a necesidade de aprender a usalas como ferramentas de traballo.
Prazas: 10 prazas



  • CURSO: Internet e Redes Sociais”____________________Colabora AAC Ilduara
Tipoloxía: Redes Sociais 2.0__Nivel Medio
Servizo: Uso das Redes Sociais
Data da realización: Dende o 2 ó 18 de Marzo
Horario: 16:00 a 18:30 horas
Duración: 20 horas
Programa: Conceptos básicos da Internet e Redes Sociais. Aprender trucos e recursos para realizar as búsquedas de forma máis eficiente. Realizar búsquedas con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os resultados. Aforrar tempo nas búsquedas pola Rede. Entender que son as Redes Sociais e como inflúen nas relacións persoais. Coñecer os distintos tipos de Redes Sociais. Seleccionar a rede social máis acorde cos seus intereses. Participar nunha rede social de maneira activa e segura.
Destinatarios: Mulleres pertencentes a Asociación Amas de Casa Ilduara do Concello de Celanova, e cidadanía en xeral interesada na materia, que utiliza a nivel básico (mínimo) un ordenador, dispoña dunha conta de correo electrónico que se poida consultar vía web e posúa nocións básicas (como mínimo) de navegación pola Internet.
Prazas: 10 prazas


  • CURSO: Módulo II: Alfabetización dixital básica: Iniciación a Informática básica e a Navegación na Internet
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 3 ó 31 de Marzo
Horario: 16:00 a 19:30 horas
Duración: 16 horas
Descrición: Módulo II do curso básico de Alfabetización Dixital básica. O obxectivo da actividade é profundar no aprendido adquirindo máis coñecementos e destrezas na manipulación dun computador.
Destinatarios: Grupo inicial de Iniciación básica, e cidadanía en xeral con mínimos coñecementos sobre o manexo dun ordenador, ata cubrir prazas.
Requisitos: Haber realizado previamente o módulo I en Alfabetización Dixital básica e/ou posuír coñecementos básicos no manexo dun computador.
Prazas: 10 prazas


  • CURSO: Xogamos na Rede (Cativos de 4 a 8 anos)
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática para menores. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 21 ó 28 de Marzo
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 12 horas
Descrición: Semana Santa en activo na aula CeMIT de Celanova para nen@s. Os cativos divertiranse xogando coas novas tecnoloxías, adquirindo coñecementos e destrezas no manexo dun ordenador.
Destinatarios: Cativos con idade entre os 4 e os 8 anos, e non estar inscrito en ningunha das actividades realizadas dende a Biblioteca Municipal e/ ou Fundación Curros Enríquez do Concello de Celanova.
Prazas: 7 prazas



                                                                       ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS DE FORMACIÓN


  • Charla: Aplicacións a escala Web”________________***Non se realiza (Festivo local)
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Nivel Avanzado.
Data da realización: Martes 1 de Marzo
Horario: 09:30 a 13:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).
Obxectivo: Durante o seminario explicarase como deseñar, implementar, probar e despregar aplicacións capaces de soportar millóns de usuarios. O acto terá un enfoque práctico que se levará a cabo cunha demostración baseada en Java, SpringBoot, Netflix, OSS e AWS ( aínda que os conceptos poden aplicarse a calquera tecnoloxía)
Programa: Aplicacións a escala web: Introducción; Escalabilidade, elasticidade e fiabilidade con cloud; Microservizos: O caso de Amazon e Netflix; Implementación con Spring Boot e NetflixOSS; Configuración centralizada; Rexistro e autodiscovery;......
Destinatarios: A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as de sistemas, profesionais do eido da programación e, en xeral, persoas con base TIC interesadas na temática.
Prazas: 12 prazas



  • Charla: Claves prácticas da xestión de requisitos: técnicas de captura, comunicación e organización
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC.
Data da realización: Martes, 8 de Marzo
Horario: 09:30 a 13:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela.
Descrición: A xestión de requisitos correspóndese con aquela parte do proxecto que ten que ver con saber entender ao cliente para sermos capaces de transformar as súas inquedanzas nunha listaxe concreta, específica, medible e verificable de características, funcionalidades e condicionantes a través dos nosos servizos.
Obxectivo: Trasladar aos asistentes os conceptos, a relevancia e as boas prácticas dunha das facetas máis salientables da xestión de proxectos: a captura e manexo dos requisitos.
Prazas: 12 prazas







                                                                                                   ACTIVIDADES EXTERNAS
CESIÓN AULA


  • Externa: ICCKIDS: Obradoiro Pintura e Plastilina Condutivas

Tipo de Actividade Externas: Cesión de aula
Entidade colaboradora: Deputación de Ourense.
Servizo: Creatividade e novas tecnoloxías
Alcume: Pintura e Plastilina Condutiva
Tipoloxía: Innovación Social
Data da realización: Dende o 21 ó 28 de Marzo
Horario: De 16:00 á 19:00 horas
Duración: 12 horas
Descrición: Neste taller os cativos aprenderán a debuxar e modelar circuítos utilizando a pintura e a plastilina condutiva, engadindo tamén compoñentes interactivos a calquera superficie (papel, cartón, paredes, .....) Os nen@s aprenderán dun xeito rápido algúns conceptos básicos da electrónica mentres conectan compoñentes simples como díodos Led ou baterías, debuxando e modelando circuítos que lles permitirán realizar creacións que se iluminan, reproduzan música ou sons entre outros en case calquera tipo de material coa ausencia de cables. Aínda que os traballos dos alumnos realizaranse por equipos, o resultado final será unha combinación das diferentes pezas.
ICCKIDS é un novo proxecto realizado por “123 Artes Digitales” que se engloban dentro de Ourense ICC WEEK, propoñendo unha nova perspectiva sobre a relación entre as artes e novas tecnoloxías coa infancia contemporánea.
Prazas: 25 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.