domingo, 5 de xuño de 2016

Programación Xuño _ 2016


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Xuño 2016

ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN


  • CURSO: Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira) ________ Continuación
Tipoloxía: Outras actividades da aula.
Servizo: Dinamización aula CeMIT_ Nivel Básico
Data da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño do 2016 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 33 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento cun nivel moi básico
Destinatarios: Usuarios sen ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.


  • CURSO: Ofimática en Software Libre. Preparación para Exame Codix (1º Edición_Teleformación” ____________________________________ Continuación
Tipoloxía: Codix Certificación Competencias Dixitais en Ofimática
Servizo: Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX).Nivel Medio.
Data da realización: Dende o 18 de Maio ó 8 de Xuño (Todos os días, excepto os Xoves)
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 40 horas
Descrición: Exercicios prácticos sobre paquete de Ofimática para a preparación do Exame Codix que se realizará presencialmente na aula CeMIT o día 10 de Xuño.
Destinatarios: Preferentemente persoas inscritas e matriculadas para a realización do Exame de Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática que expide Amtega e, en xeral, cidadanía interesada na temática.
Prazas: 10 prazas


  • CURSO: Módulo II: Iniciación a Informática e Internet”
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 01 ó 17 de Xuño
Horario: 16:00 a 18:30 horas
Duración: 20 horas
Descrición: Parte 2 do curso Básico de Alfabetización Dixital. O obxectivo da actividade é profundizar no aprendido, adquirindo máis coñecementos e destrezas na manipulación dun computador.
Destinatarios: Grupo inicial de Iniciación básica, e cidadanía en xeral con mínimos coñecementos sobre o manexo dun ordenador, ata cubrir prazas.
Requisitos: Haber realizado previamente o módulo I en Alfabetización Dixital básica e/ou posuír coñecementos mínimos no manexo do teclado e ratón.
Prazas: 10 prazas


  • CURSO: Folla de Cálculo Calc (Nivel 1)BT_CeMIT (Aula CeMIT Boiro)
Tipoloxía: Ofimática
Servizo: Follas de Cálculo 1 (básico). Nivel Medio
Data da realización: Dende o 20 ó 30 de Xuño (de Luns a Xoves)
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 16 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Boiro e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: Familiarizarse co medio de traballo dunha folla de cálculo. Crear táboas de datos e traballar con fórmulas. Crear libros e traballar con datos de diferentes follas. Utilización das fórmulas básicas/funcións Creación de gráficos. Configuración das follas de cálculo para impresión.
Contidos: Que é unha folla de cálculo? Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc) Introdución e modificación de datos. Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.) Filtros e ordenación dos datos. Traballo con fórmulas. Xestionar as follas de cálculo dun libro Formatos condicionais. Creación de gráficos. Xerar series de datos. Funcións máis utilizadas
Destinatarios: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.


  • CURSO: Maiores en Rede”
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Internet: Búsquedas de información, utilidades, recursos, etc. Nivel básico 2
Data da realización: Dende o 20 de Xuño ó 4 de Xullo
Horario: 16:00 a 19:00 horas
Duración: 27 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: Aprender trucos e recursos para realizar as buscas de forma máis eficiente; Adquirir capacidade para seleccionar a fonte máis axeitada para cada busca; Realizar buscas con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os resultados; Coñecer ferramentas para automatizar correctamente os resultados; Coñecer ferramentas para automatizar buscar frecuentes; Aforrar tempo nas buscas na Rede.
Destinatarios: Persoas maiores que manexen Internet a nivel básico.
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta

_Curso__ACTIVIDADES EXTERNAS
CESIÓN AULA e SERVIZO

  • Curso: Alfabetización Dixital para a búsqueda de emprego a través da Internet

Clasificación: Curso
Tipo de Actividade Externas: Cesión de aula e Servizo
Entidade colaboradora: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Servizo: Busca de emprego a través da Internet. Nivel Medio
Alcume: Alfabetización dixital para a búsqueda de emprego a través da Internet
Tipoloxía: Busca de emprego
Data da realización: Dende o 13 de Xuño ó 1 de Xullo
Horario: De 10:30 á 12:30 horas
Duración: 18 horas
Sistema: Presencial aula CeMIT de Celanova
Descrición: Colabora Consorcio Galego de Servicios de Igualdad e Benestar destinando as persoas beneficiarias para esta formación. Esta actividade ten como finalidade que as persoas beneficiarias da formación poidan obter unha independencia dixital básica de cara a practicar posteriormente unha búsqueda activa de emprego a través de Internet.
Prazas: 5 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada



ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS DE FORMACIÓN


  • EXAME CODIX: Exame presencial CODIX : 1º Edición Teleformación 2016
Tipoloxía: Codix - Certificación competencias dixitais en ofimática
Data da realización: 10 de Xuño
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 2 horas
Descrición: Exame presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) expedido por AMTEGA, pertencente a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.
Obxectivos: Obter a Certificación de Competencias dixitais en ofimática: CODIX (título oficial)
Destinatarios: Cidadanía en xeral con amplos coñecementos sobre o paquete ofimático en Software Libre.
Requisitos: Ser usuario da Rede CeMIT e haber realizado a previa inscrición da matrícula para realizar o exame. Unha vez feito o sorteo, aceptando a solicitude e entrando nas prazas plantexadas dende Amtega, haber pagado as taxas do exame.
Prazas: 7 prazas
Estado de peche: Actividade pechada


  • Charla: Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
Data da realización: Martes, 14 de Xuño
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ourense, La Molinera, organizado por CDTIC.
Programa: O novo consumidor dixital. As redes sociais como canle de comunicación empresarial. Contidos e conversación (Estratexias de marketing de contidos, tipos de contidos, Ferramentas para a xeración, clasificación, curación e programación de contidos, Claves na conversación 2.0). Reputación dixital e escoita activa.
Finalidade: Dar a coñecer as claves para chegar dun modo efectivo ao novo consumidor, de modo que a través da conversa dixital se poida captar e fidelizar os clientes.
Destinatarios: Empresas que desexan empregar o marketing dixital e as redes sociais como ferramentas de captación e fidelización dos seus clientes. Empresas tradicionais que se pregunten por que non chegan aos seus clientes como antes. Emprendedores que estean en fase de desenvolvemento de novos proxectos e empresas.
Conferiante: Víctor Gómez. Enxeñeiro industrial.
Prazas: 12 prazas



  • Charla: Quen visita a túa web? A resposta con google analytics
Tipoloxía: Formación para empresari@s e emprendedor@s
Data da realización: Martes, 21 de Xuño
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ourense, La Molinera, organizado por CDTIC
Programa: O programa está estructurado para coñecer de forma ordenada os principios e funcionalidades máis empregados na contorna profesional. O curso divídese en 19 módulos.
Finalidade: Ser capaz de comprender o valor e a importancia da analítica web no marketing en liña e empregar Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das propias webs.
Destinatarios: Profesionais do mundo do marketing, área en liña, publicidade e promoción; programadores web, product managers, community managers, cargos directivos, supervisores e executivos de contas ou xerentes de pemes.
Conferiante: Alén Multimedia, S.L.
Prazas: 12 prazas


  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.