venres, 26 de agosto de 2016

Curso Administración Básica dun Sistema Operativo Linux


 CONTIDOS DA ACTIVIDADE:

  • A interface de comandos, shell, prompt 
  • Que é Linux. O proxecto GNU. Software Libre. Código Aberto
  • Distribucións de Linux
  • Estrutura de ficheiros en Linux
  • Comandos básicos de administración do sistema Linux
  • Permisos e asignación
  • Manipulación de usuarios. Tipos de usuarios. Grupos
  • Comandos d manipulación de arquivos
  • Comandos de Xestión de rede
  • Empaquetamentos de arquivos
  • Instalación de aplicacións coas utilidades apt­get
  • Scripting en Linux
  • Tarefas típicas dun administrador de sistemas. Backups, xestión da rede, firewall, análise de logs,.....




Podes reservar  a túa praza no seguinte enlace   https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/18040


Máis información :
  •  Aula CeMIT, Parque das triguerizas s/n (Antiga Oficina do Inem)
  • E-mails:
    •  cemit.celanova@xunta.gal
    •  cemit.celanova@gmail.com
  • Teléfono:
    • 697 185 080
    • 988 43 16 04

luns, 1 de agosto de 2016

Programa Agosto_2016


ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
Agosto 2016


ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN



  • CURSO: Internet e TICs. Un mundo de oportunidade(Cativos de 8 a 15 anos) Continuación
Tipoloxía: Formación dixital básica
Servizo: Internet: Búsquedas de información, utilidades, recursos, etc. Nivel básico
Data da realización: Dende o 11 de Xullo ó 12 de Agosto.
Horario: 19:00 a 20:00 horas
Duración: 24 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Acceso a información e entretemento. Un medio para aprender, coñecer e explorar. Unha forma de comunicarse con amigo, familia e compañeiros.
Destinatarios: Cativos con idade dende os 8 ós 15 anos.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • CURSO: De Festa en Festa e tiro porque me presta!!!(Cativos de 3 a 6 anos)
Colaborador: Fundación Curros Enríquez
Tipoloxía: Internet: Ocio e operacións dixitais
Servizo: Actividades lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc). Nivel básico
Data da realización: Dende o 1 ó 5 de Agosto
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 15 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante esta semana os pequenos de 3 a 6 anos desfrutarán de xogos e realizarán manualidades creativas nas instalacións da aula cemit organizados pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, impartidos por Xurxemurxe.
Destinatarios: Cativos con idade dende os 3 ós 6 anos.
Prazas: 17 prazas (inscritos 7 en Xea, por falta de datos dos restantes cativos)
Estado de peche: Actividade Aberta



  • CURSO: Produción audiovisual: Edición de audio e vídeo(Cativos de 8 a 15 anos)
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo.
Servizo: Produción audiovisual: Edición de audio e vídeo. Nivel Medio
Data da realización: Dende o 8 ó 19 de Agosto
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Duración: 27 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Con este curso de 27 horas preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual centránse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Empregarase e ensinarase aos participantes todo o relacionado coa ferramenta de software libre OpenShot video editor, e Audacity para a edición de audio.
Destinatarios: Cativos con idade comprendida entre os 8 e 15 anos
Prazas: 11 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • CURSO: Xogando tamén aprendo(Cativos de 4 a 8 anos)
Tipoloxía: Internet: ocio e operacións dixitais.
Servizo: Actividades lúdicas coas TICs (Campamentos, obradoiros, xogos, etc.). Nivel Básico
Data da realización: Dende o 22 de Agosto ó 1 de Setembro
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Obxectivo: Aprender dun modo sinxelo, atractivo e divertido a usar as novas tecnoloxías. Os cativos van adquirindo destrezas no manexo dun ordenador a hora de enfrontarse coas diferentes pantallas interactuando con elas e intercambiando datos usando o ratón e o teclado.
Destinatarios: Cativos con idade dende os 4 ós 8 anos.
Prazas: 13 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta


  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.