luns, 2 de xaneiro de 2017

Programación Xaneiro 2017




ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
XANEIRO 2017


ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN


  • Curso: Aula Idiomas: Inglés” (18338) . BT_CeMIT (Ortigueira)________Continuación
Tipoloxía: Outras actividades da aula.
Servizo: Idiomas_ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 6 de Octubre ó 15 de Xuño do 2017 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 32 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento cun nivel moi básico
Destinatarios: Usuarios sen ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT



  • CURSO: Programación e Robótica(19594)
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Servizo: Programación (móviles, scrach, etc.)_Nivel medio
Data da realización: 02 e 04 de Xaneiro
Horario: 11:00 a 14:00 horas
Duración: 6 horas
Destinatarios: Cativos con idade comprendida entre os 9 e 15 anos
Descrición: A escola tecnolóxica Escolabs de Celanova ofrécenos unha xornada para rapaces de 9 a 15 anos sobre programación e robótica. Pretendémos contribuir vocacións nas novas tecnoloxías e transmitir o coñecemento preciso para desenvolverse na cuarta revolución industrial, a da industria do big data, dos coches e aeronoves autónomos. Durante o curso coñeceremos que é o software e o hardware libre e veremos un exemplo coa placa Arduino, utilizaremos compoñentes electrónicos e faremolos interactuar coa placa, aprenderemos como programar cunha linguaxe de programación visual.
Prazas: 10 prazas




  • CURSO: Configuración de dispositivos e uso de aplicacións móbiles” _ 19596
Tipoloxía: Dispositivos móbiles
Servizo: Configuración de dispositivos e uso de Aplicacións Móbiles_ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 2 ó 12 de Xaneiro
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 24 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Maiores: Xubilados e prexubilados.
Contidos: Tipos de dispositivos móbiles Plataformas de dispositivos móbiles. Aplicacións e uso na vida cotiá. Configuración inicial dun dispositivo Android. Características e ferramentas do sistema operativo. Deseños de apps. Uso básico do dispositivo. Teléfono e contactos. Acceso a Internet. Cámara e álbum de fotos. Localización, instalación e configuración de apps. Xestos e comandos de voz. Acceso á nube para o almacenamento de información. Xestión do tempo en Android: Calendario e Alarmas. Redes sociais Geolocalización. Correo electrónico. Publicidade nas aplicacións. Virus/Antivirus nos dispositivos. Copias de seguridade. Recuperación de datos
19. Desinstalar apps e borrar arquivos. O futuro dos dispositivos móbiles na nosa vida cotiá
Prazas: 12 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta



  • CURSO: Deseño e impresión 3D(19595)
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Servizo: Deseño Gráfico_Nivel medio
Data da realización: 03 e 05 de Xaneiro
Horario: 11:00 a 14:00 horas
Duración: 6 horas
Destinatarios: Cativos con idade comprendida entre os 9 e 15 anos
Descrición: A escola tecnolóxica Escolabs ofrécenos unha Xornada para cativos en horario de mañán de deseño e impresión 3D. As impresoras 3D son novas ferramentas qeu pertenecen a revolución industrial 4.0. Elas fomentan a creatividade e a capacidade de resolver problema. A súa principal aportacióné a capacidade para materializar as ideas en situacións reais. Esta funcionalidade provoca un cambio de mentalidade no alumno que debe solventar aplicando a creatividade e innovando ata obter o obxectivo desexado. A adquisición destas aptitudes prepara mellor os estudiantes para un futuro laboral. Converten a experiencia do aprendizaxe nun proceso moito máis lúdico e participativo.
Prazas: 10 prazas






  • CURSO: Deseño con QCADBT_CeMIT (Aula CeMIT Celanova)
Tipoloxía: Imaxe, audio e vídeo
Servizo: Edición de imaxe e/ou son _ Nivel Medio
Data da realización: Dende o 9 ó 12 de Xaneiro
Horario: 10:00 a 12:30 horas
Duración: 10 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova e por videoconferencia en outras aulas CeMIT.
Aulas inscritas (BTCeMIT): CeMIT Boiro, CeMIT Sigüeiro-Oroso, CeMIT Cuntis, CeMIT Santa Comba e CeMIT Fisterra, CeMIT As Pontes e CeMIT Ortigueira.
Temario: Conceptos de CAD. Contorna de traballo. Configuración inicial. Manipulación do zoom, a rejilla, utilidades de debuxo. Forzados e restricións do cursor. Tipos de coordenadas: polares, absolutas e relativas. Debuxo de entidades. Selección. Arcos, liñas, puntos, rectánguloss, círculos, paralelas, tanxentes, bisectrices, polígonos. Edición d entidades: mover, copiar, espello, rotación, escala, recortar, alargar, redondear, dividir, estirar..., Traballo con capa (creación, eliminación, visibilidade, asignación....). Acotación. Traballo con bloques. Sombreados. Saída a impresión.
Docente: Julio Mosquera González
Destinatarios: Cidadanía en xeral.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do proxecto Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT



  • CHARLA: O Arqueólogo na Bola(19690)
Tipoloxía: Innovación Social
Colabora: CeMIT A Bola
Descrición: O Concello de A Bola e aula CeMIT A Bola presentan "O Arqueólogo na Bola", parte audiovisual e parte teatral por veciños do pobo, dirixida e escrita por Elena Seijo, basada nunha lenda real.
Data da realización: 11 de Xaneiro 2017
Horario: 19:00 a 21:30 horas
Duración: 2,5 horas
Sistema: Presencial na aula CeMIT de Celanova.
Destinatarios: Cidadanía en xeral
Prazas: 20 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta





    Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario