CODIX

CODIX

Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)
CODIX A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia está a regular o proceso de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, a través dun mecanismo normalizado de certificación, baseado tanto na formación como no proceso de acreditación destas competencias, que estea amparado pola lexislación vixente europea, estatal e autonómica e que sexa recoñecido e valorado tanto no ámbito público como no privado.
Por medio desta certificación, a persoa titular pode acreditar, ante as instancias públicas ou privadas, as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en materia de ofimática.
Así, as certificacións, coa vixencia que se determine, poderanse valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, sempre de acordo cos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia.
A súa valoración en determinados procesos selectivos repercutiría directamente en aforro de custos (espazos físicos, infraestrutura de equipamento, RRHH técnicos de apoio etc.) para a Dirección Xeral de Función Pública e nunha maior axilidade e diminución de tempos na resolución do proceso. En paralelo, a persoa opositora reduce desprazamentos, con aforro de custos e tempos, e percibe unha imaxe de simplificación de trámites e coordinación entre departamentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario