CODIX

https://cemit.xunta.gal/es/node/6102Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)


CODIX qué é?
 
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.
A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:
  1. Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).
  2. Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro)
Para facilitar o acceso aos coñecementos necesarios para superar o exame libre, a Oficina CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación EMA  os contidos do curso na modalidade de autoformación.
Se queres coñecer máis información polo miúdo, podes consultar as resolucións publicadas nos boletíns oficiais sobre a materia:
  • Real Decreto 645/2011, de 9 de mayo (BOE nº 136 (8/06/2011) polo que se establecen certificados de profesionalidade (contidos do módulo formativo en ofimática).
  • Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229, 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
  • ORDE do 29 de abril de 2014 (DOG nº 85, 06/05/2014) pola que se habilita e autoriza á Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.
Podes consultar na seguinte ligazón as convocatorias en vigor: CONVOCATORIAS CODIX


11_Xuño_2018

 INSCRICIÓN no curso de teleformación titorizado para a obtención do CODIX (edición 2/2018)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre este martes 12 de xuño o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada o luns 11 de xuño no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como persoas usuarias da rede CeMIT. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición, que se realizará por internet a través dunha nova publicada na web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal)  será de cinco días hábiles partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o martes 12 de xuño ata o luns 18 de xuño, inclusive.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,20 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma.
Plan Formativo Ofimático de Galicia
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Pode inscribirse directamente no seguinte ligazónhttps://cemit.xunta.gal/gl/actividade/25480, ou a través da web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), baixo o apartado "Actividades Destacadas"




Inscrición directa na aula CeMIT Celanova
(O ser por teleformación non existe a posibilidade de escoller aula)








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario

Etiquetas

#Cine Animación 3D #Taller de realidade virtual 123Artes Digitales 3D Abril ActividadeExterna Agora_Fegaus App agragandeiro App Móbiles Aptitude Informática archivos aula CeMIT Celanova Aula Idiomas Inglés avó Base de datos Base Blog Blogs BPM BT_CeMIT BTCeMITCelanova Calc cámara dixital Campus Tecnolóxico cativos Cativos e informática Celanova Certificación Galega Competencias Dixitais en Ofimática Charla Escola Galega de Consumo Charlas Senior Chave365 Codix Conect@dos Cooperativismo correo electrónico CPEIG Creación de cómics online Creación e edición dixital Cruz Roja Cursos CV Deseño gráfico Día Internet Segura Diplomas dispositivos móbiles E_saúde E-Saúde É-Saúde É-Saúde do Sergas Educar en Tecnoloxía EGC EMA Emprego enréd@te enredamos Entroido TIC Escola Galega de Consumo Examenes EMA Exames Exames CODIX Exames Ema Fake News Feira Tecnolóxica 4.0 Ferramentas TIC Follas de Cálculo Follas de Cálculo Calc formación GIMP google analytics Google Apps Google e facebook GoogleFotos IccKids imaxes impresión 3D Impresión e 3D informaTIC@ informática Iniciación a Informática Iniciación a informática cativos Iniciación Informática Inkscape Intégr@te Internet LecerConsumo LibreOffice Calc libros electrónicos maiores Mancomunidade Celanova maquetación html e css Marketing Marzo Mecanografía cativos Móbil Móbiles / móviles Módulo Transversal Monta e pilota un Dron Multiaventuras tecnolóxicas nenos e nenas Ofimática ofimática LibreOffice Opencart Papá Noel por Videoconferencia PáxinasWeb Personaxe Videoxogo ou Película Pintura e Plastilina Condutiva Prácticas codix Preparación codix Procesadores de texto Writer produción audiovisual Programación Programación cativos Proxecto SIMPÁTICO Publicistas Qcad Quérote+ Rapaciñ@s Rede Redes Sociais Redes Sociais e Menores Retoque fotografías Rexistro entidades deportivas Robótica Scratch Seguridade datos Móbil seguridade e privacidade Semana Santa coas TICs Sketchup Smartphone Smartphones Software Libre solucións TICs Tabletas Talleres cativos TechKids teleformación Tendas en liña TIC TICS tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos Videoconferencia Videoconferencias Videoxogos Wifi Wordpress Xestión de Arquivos Xogamos xogando aprendo TIC Xogolandi@TIC Xornada orientación Laboral Xuño youtubers