xoves, 5 de novembro de 2015

Programa Novembro_2015




ACTIVIDADES FORMATIVAS AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA
NOVEMBRO 2015


ACTIVIDADES DA PROPIA AULA
CURSOS DE FORMACIÓN


  • Curso: Módulo II: Iniciación a Informática e a Internet
Tipoloxía: Formación Dixital Básica
Servizo: Iniciación a informática para maiores. Nivel básico.
Data da realización: Dende o 3 de Novembro ó 26 de Novembro
Horario: 10:30 a 13:00 horas
Duración: 20 horas
Descrición: Curso de Alfabetización Dixital, dirixido a persoas maiores (xubilados e prexubilados), que realizaran con anterioridade algún curso de formación básico no ámbito da informática ou posúan uns mínimos coñecementos no uso dun ordenador. Este curso pretende adquirir destrezas no uso, reforzar os coñecementos adquiridos e seguir profundizando no aprendizaxe.
Destinatarios: Xubilados e prexubilados (dende 55 a 90 anos de idade), con mínimos coñecementos en informática.
Requisitos: Posuír mínimos coñecemento no manexo dun computador.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta




  • Curso: Iniciación a Informática e Internet
Tipoloxía: Formación dixital básica.
Servizo: Iniciación a informática . Nivel básico
Data da realización: Dende o 9 de Novembro ó 4 de Decembro
Horario: 16:30 a 18:30 horas
Duración: 24 horas
Descrición: I Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V.Primeiros pasos en internet . VI Crear e xestionar unha conta de correo electrónico.
Destinatarios: Curso destinado a mulleres desempregadas inscritas na Asociación Amas de Casa Ilduara.
Requisitos: Pertenecer a Asociación Amas de Casa Ilduara e non posuír coñecementos en informática básica ou escasos.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta




  • Curso: Aula Idiomas: Inglés” . BT_CeMIT (Ortigueira)
Tipoloxía: Outras actividades da aula.
Servizo: Dinamización aula CeMIT_ Nivel Básico
Data da realización: Dende o 12 de Novembro ó 23 de Xuño do 2016 (Todos os xoves)
Horario: 16:00 a 17:00 horas
Duración: 33 horas
Sistema: Videoconferencia dende a aula CeMIT de Ortigueira e presencial na aula CeMIT de Celanova.
Descrición: Durante unha hora a semana os usuarios escoitaran e falarán en Inglés. A actividade é totalmente oral, todo falado dende o primeiro momento cun nivel moi básico
Destinatarios: Usuarios sen ou apenas coñecementos no idioma inglés.
Prazas: 9 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta
Actividade dentro do Banco de Tempo integrado en aulas da Rede CeMIT.





  • EXAME CODIX: Exame presencial CODIX : 2º Edición presencial 2015
Tipoloxía: Codix - Certificación competencias dixitais en ofimática _ Nivel Avanzado
Data da realización: 27 de Novembro
Horario: 10:00 a 12:00 horas
Duración: 2 horas
Descrición: Exame presencial para obtención do Certificado de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) expedido por AMTEGA, pertencente a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.
Obxectivos: Obter a Certificación de Competencias dixitais en ofimática: CODIX (título oficial)
Prazas: 12 prazas
Destinatarios: Cidadanía en xeral con amplos coñecementos sobre o paquete ofimático en Software Libre.
Requisitos: Ser usuario da Rede CeMIT e haber realizado a previa inscrición da matrícula para realizar o exame. Unha vez feito o sorteo, aceptando a solicitude e entrando nas prazas plantexadas dende Amtega, haber pagado as taxas do exame.
Estado de peche: Actividade pechada







ACTIVIDADES EXTERNAS: CESIÓN AULA
Obradoiros de Formación

Seguimos con....
  • Externa: “ Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego”
Tipo de Actividade Externas: Cesión de aula e servizo
Entidade colaboradora: Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova
Servizo: Busca de emprego a través da Internet - Nivel Medio
Alcume: “Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego ”
Tipoloxía: Busca de emprego
Data da realización: Os mércores, dende o 7 de Outubro ó 30 de Decembro
Horario: De 10:30 á 12:30 horas
Duración: 26 horas
Descrición: Verónica Garayzábal Pedrosa, en calidade de coordinadora da Asamblea Comarcal Cruz Vermella de Celanova solicita as instalacións da aula CeMIT do Concello de Celanova para impartir Obradoiros de “Adquisición de habilidades sociais para a procura de emprego” dirixidas a persoas en situación de dificultade social. Parte dos contidos son enfocados o coñecemento e uso das novas tecnoloxías na búsqueda de emprego, polo que se formarán en alfabetización dixital básica e a navegación pola Rede.
Prazas: 10 prazas
Estado de peche: Actividade Pechada


Nova....
  • Charla: Coñece o programa de Garantía Xuvenil
Tipo de Actividade Externas: Charla presencial
Entidade colaboradora: Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta.
Empresa encargada: Nortideas
Servizo: Facilitar entrada no mercado laboral
Alcume: “Coñece o programa de Garantía Xuvenil ”
Tipoloxía: Outras actividades da aula
Data da realización: Luns, 16 de Novembro
Horario: De 19:00 á 19:00 horas
Duración: 1 hora
Descrición: Charla informartiva sobre o programa de Garantía Xuvenil co obxectivo de informar e facilitar a entrada no mercado laboral deste colectivo
Destinatarios: Mozos e mozas con idade comprendida entre os 16 e 29 anos.
Prazas: 16 prazas
Estado de peche: Actividade Aberta





ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA
SEMINARIOS DE FORMACIÓN

  • Charla: Seguridade en Linux. Securización de servizos
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Nivel Avanzado.
Data da realización: Martes, 10 de Novembro
Horario: 16:30 a 20:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Obxectivo: O obxectivo do seminario consiste en explicar e transladar as persoas asistentes a securización dos servizos máis habituais dunha contorna Linux.
Programa: Os contidos a tratar serán os seguintes: Breve resumo de GPG, OpenVPN, FTP, Apache e Nginx; Configuración básica de firewall e NAT con iptables; Restición de navegación con Proxe (autenticado e transparente); Detencción de instrusións locais; Restrinción de acceso e hardening de credenciais con PAM; introdución ao LDAP e autenticación centralizada en Linux.
Destinatarios: A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos /as de sistemas e, en xeral, profesionais e cidadáns con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese na temática de seguridade.
Prazas: 12 prazas


  • Charla: A terceira plataforma tecnolóxica; cloud, mobilidade, big data e social business
Tipoloxía: Capacitación avanzada en ferramentas TIC. Nivel Avanzado.
Data da realización: Martes, 24 de Novembro
Horario: 09:30 a 13:30 horas
Duración: 4 horas
Sistema: Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Obxectivo: O obxectivo do seminario consiste en presentar c omo estas novas tendencias xeran cambios que teñen o seu reflexo nas TI consecuencia da transformación dos negocios e avances tecnolóxicos e como se redefinen para responder aos novos retos que se plantean.
Programa: Os contidos a tratar serán os seguintes: A terceira plataforma. O universo dixital. A transformación dos negocios. Ciclo de datos, analítica e Aplicacións. Infraestruturas cloud: Nube privada, pública e híbrida. Novos usuarios de negocio. Balance innovación / control. Novas aplicacións: Aplicacións enterprise vs cloud nativas, Open Source, Waterfall vs Agile, Plataforma as a service, Relación coas infraestructuras cloud e data lake.
Destinatarios: A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos /as de sistemas e, en xeral, profesionais e cidadáns con amplos coñecementos.
Prazas: 12 prazas



  • Aula Aberta a disposición dos usuarios da Rede CeMIT, para o uso libre e gratuíto dos computadores e a navegación pola Internet en horario libre de cursos.



Etiquetas

#Cine Animación 3D #Taller de realidade virtual 123Artes Digitales 3D Abril ActividadeExterna Agora_Fegaus App agragandeiro App Móbiles Aptitude Informática archivos aula CeMIT Celanova Aula Idiomas Inglés avó Base de datos Base Blog Blogs BPM BT_CeMIT BTCeMITCelanova Calc cámara dixital Campus Tecnolóxico cativos Cativos e informática Celanova Certificación Galega Competencias Dixitais en Ofimática Charla Escola Galega de Consumo Charlas Senior Chave365 Codix Conect@dos Cooperativismo correo electrónico CPEIG Creación de cómics online Creación e edición dixital Cruz Roja Cursos CV Deseño gráfico Día Internet Segura Diplomas dispositivos móbiles E_saúde E-Saúde É-Saúde É-Saúde do Sergas Educar en Tecnoloxía EGC EMA Emprego enréd@te enredamos Entroido TIC Escola Galega de Consumo Examenes EMA Exames Exames CODIX Exames Ema Fake News Feira Tecnolóxica 4.0 Ferramentas TIC Follas de Cálculo Follas de Cálculo Calc formación GIMP google analytics Google Apps Google e facebook GoogleFotos IccKids imaxes impresión 3D Impresión e 3D informaTIC@ informática Iniciación a Informática Iniciación a informática cativos Iniciación Informática Inkscape Intégr@te Internet LecerConsumo LibreOffice Calc libros electrónicos maiores Mancomunidade Celanova maquetación html e css Marketing Marzo Mecanografía cativos Móbil Móbiles / móviles Módulo Transversal Monta e pilota un Dron Multiaventuras tecnolóxicas nenos e nenas Ofimática ofimática LibreOffice Opencart Papá Noel por Videoconferencia PáxinasWeb Personaxe Videoxogo ou Película Pintura e Plastilina Condutiva Prácticas codix Preparación codix Procesadores de texto Writer produción audiovisual Programación Programación cativos Proxecto SIMPÁTICO Publicistas Qcad Quérote+ Rapaciñ@s Rede Redes Sociais Redes Sociais e Menores Retoque fotografías Rexistro entidades deportivas Robótica Scratch Seguridade datos Móbil seguridade e privacidade Semana Santa coas TICs Sketchup Smartphone Smartphones Software Libre solucións TICs Tabletas Talleres cativos TechKids teleformación Tendas en liña TIC TICS tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos Videoconferencia Videoconferencias Videoxogos Wifi Wordpress Xestión de Arquivos Xogamos xogando aprendo TIC Xogolandi@TIC Xornada orientación Laboral Xuño youtubers