QUEN SOMOS_A REDE CEMIT


A aula CeMIT do Concello de Celanova forma parte da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnológica da " Xunta de Galicia"

https://cemit.xunta.gal/ 

 Rede CeMIT

 

Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

 

A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.

Conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto.

Representación gráfica do mapa de aulas da Rede CeMIT



CURSOS


Os cursos impártense en dúas modalidades: presenciais nas aulas da Rede ou en teleformación dende a túa casa.
Para matricularte nos cursos presenciais e para acceder á teleformación unicamente é necesario que sexas usuario/a da Rede CeMIT. Se aínda non o es, date de alta.
  • Formación presencialnas aulas da Rede CeMIT: cada aula conta coa súa propia programación formativa en alfabetización dixital. Consulta os cursos dispoñibles actualmente na túa aula e matricúlate
  • Formación on-line: dispoñible na plataforma de formación virtual EMA, o Moodle da Rede CeMIT. Esta formación permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso a Internet e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT. Accede á teleformación
 

CHARLAS E XORNADAS

A través das aulas da Rede tamén poderás asistir a charlas e actividades relacionadas coas novas tecnoloxías impartidas por entidades colaboradoras e organismos recoñecidos como o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Para asistir ás charlas debes matricularte nas mesmas, unha vez esteas dado de alta na Rede como usuario.
 

AULA ABERTA

Os centros da rede tamén son Aulas Abertas, espazos nos que poderás acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, dentro dun horario establecido, onde se conta co apoio e asesoramento dos Axentes TIC. Para empregar os ordenadores das aulas nas horas de Aula Aberta é necesario estar dado de alta como usuario da Rede CeMIT.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario

Etiquetas

#Cine Animación 3D #Taller de realidade virtual 123Artes Digitales 3D Abril ActividadeExterna Agora_Fegaus App agragandeiro App Móbiles Aptitude Informática archivos aula CeMIT Celanova Aula Idiomas Inglés avó Base de datos Base Blog Blogs BPM BT_CeMIT BTCeMITCelanova Calc cámara dixital Campus Tecnolóxico cativos Cativos e informática Celanova Certificación Galega Competencias Dixitais en Ofimática Charla Escola Galega de Consumo Charlas Senior Chave365 Codix Conect@dos Cooperativismo correo electrónico CPEIG Creación de cómics online Creación e edición dixital Cruz Roja Cursos CV Deseño gráfico Día Internet Segura Diplomas dispositivos móbiles E_saúde E-Saúde É-Saúde É-Saúde do Sergas Educar en Tecnoloxía EGC EMA Emprego enréd@te enredamos Entroido TIC Escola Galega de Consumo Examenes EMA Exames Exames CODIX Exames Ema Fake News Feira Tecnolóxica 4.0 Ferramentas TIC Follas de Cálculo Follas de Cálculo Calc formación GIMP google analytics Google Apps Google e facebook GoogleFotos IccKids imaxes impresión 3D Impresión e 3D informaTIC@ informática Iniciación a Informática Iniciación a informática cativos Iniciación Informática Inkscape Intégr@te Internet LecerConsumo LibreOffice Calc libros electrónicos maiores Mancomunidade Celanova maquetación html e css Marketing Marzo Mecanografía cativos Móbil Móbiles / móviles Módulo Transversal Monta e pilota un Dron Multiaventuras tecnolóxicas nenos e nenas Ofimática ofimática LibreOffice Opencart Papá Noel por Videoconferencia PáxinasWeb Personaxe Videoxogo ou Película Pintura e Plastilina Condutiva Prácticas codix Preparación codix Procesadores de texto Writer produción audiovisual Programación Programación cativos Proxecto SIMPÁTICO Publicistas Qcad Quérote+ Rapaciñ@s Rede Redes Sociais Redes Sociais e Menores Retoque fotografías Rexistro entidades deportivas Robótica Scratch Seguridade datos Móbil seguridade e privacidade Semana Santa coas TICs Sketchup Smartphone Smartphones Software Libre solucións TICs Tabletas Talleres cativos TechKids teleformación Tendas en liña TIC TICS tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos Videoconferencia Videoconferencias Videoxogos Wifi Wordpress Xestión de Arquivos Xogamos xogando aprendo TIC Xogolandi@TIC Xornada orientación Laboral Xuño youtubers